gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

RECURSOS PATRIMONIAIS VILA DE CRUCES

Arquitectura Civil:

• Pazo de Porras de Raíndo: data do S. XVIII. Atópase na parroquia de Piloño e conserva a cheminea, a lareira, o hórreo, o pombal, o portalón de entrada e o recinto amurallado. É de propiedade privada.

• Pazo de Altamira: situado na parroquia de Cumeiro foi construído no S. XVIII.

• Pazo da Torre de Merza: pazo señorial amurallado do S. XVIII que conserva unha torre defensiva.

*Todos estes pazos son de propiedade privada.

Arquitectura Relixiosa:

• Mosteiro de San Salvador de Camanzo: de estilo románico, data do século S.XII aínda que conserva restos prerrománicos no trazado das súas ábsidas. Nun principio foi mosteiro de monxes e logo pasou a ser de monxas beneditinas. Sufriu grandes reformas no muro meridional, no interior e na torre dos pés. Destacar deste mosteiro os seus frescos, moi ben conservados.