gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

RECURSOS PATRIMONIAIS AGOLADA

Arquitectura Civil:

• Pendellos de Agolada: Antigos recintos feirais do século XVIII, que nos lembran a tradición feiral destas terras. Na actualidade consérvase parte do antigo Recinto Feiral (Pendellos) no casco vello de Agolada, declarado Conxunto Histórico-artístico en 1985. Neste recinto celébrase cada ano, os días 11 e 12 de agosto unha Mostra de Artesanía tradicional.

• Pazo de Eidián (S. XVI): Antigamente coñecido co nome da Casa Solar dos Basadre, o Pazo de Eidián, é unha típica casa fidalga do campo galego. A recente rehabilitación tratou de integrar todos os elementos antigos cun coidado mobiliario da época.

• Pazo de Borraxeiros (S.XVII): Levando por nome o Pazo de Salgado, actualmente coñécese como Pazo de Borraxeiros. Merece especial atención o nobre patio central, con aparencia de recente construción. En forma de planta rectangular, componse de baixo e piso, cunha cuberta a catro augas. A fachada principal é do máis salientable do pazo. Debido ao aproveitamento dos restos da antiga construción medieval, aparece hoxe flanqueada por dúas torres grandes, unha delas medieval. Trátase dunha propiedade privada non visitable.

• Ponte dos Cabalos: Ponte medieval sobre o río Arnego, datado do ano 970.

• Muíños de Vilariño: Baixo a ponte Vilariño hai dous muíños dignos de mencionar.

Arquitectura Relixiosa:

• Igrexa parroquial de Vilariño, que presenta unha curiosa fachada barroca orixinal no seu campanario.

• Igrexa de San Xulián de Ventosa (S.XIII): De estilo románico, a igrexa de Ventosa consérvase case intacta, destacando no seu interior un sepulcro curiosísimo e único pola súa iconografía. No interior da nave consérvanse catro frontes completas dun precioso baldaquino.

• Igrexa de San Pedro de Ferreiroa (S. XI) Estilo Románico. É a igrexa parroquial do concello de Agolada.

• Igrexa de San Andrés de Orrea, unida desde os seus inicios ao Mosteiro das monxas Beneditinas, do que hoxe en día só queda o recordo. Arquitectura dunha soa nave e ábsida semicircular dividida en cinco tramos. A porta principal é de dobre archivolta con capiteis de figuras xeométricas e tímpano liso sobre mochetas de aresta.