gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CONCELLOS

Escudo concello de Agolada

Paxina web:
www.viladecruces.gal

Teléfonos de Interese:

Concello: 986582017

A. Comerciantes: 986582123

Biblioteca M: 986592630

Centro saúde: 986582261

Garda Civil: 986582072

Protección Civil: 986582322

CONCELLO DE AGOLADA

O municipio de Vila de Cruces sitúase no norte da provincia de Pontevedra, limita cos concellos de Touro, Arzúa e Santiso, e cos de Agolada, Silleda e Lalín. O municipio esténdese nuns 155 km2, e conta cunha poboación de 6.475 habitantes (datos IGE 2009) distribuídos nada menos que en 28 parroquias: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros, Toiriz.

Vila de Cruces é unha terra de contrastes, onde as suaves montañas alternan con vales de diversa profundidade e onde os ríos Ulla, Arnego e Deza deixan ao seu paso numerosos regatos, remansos tranquilos e profundas pozas, bosques densamente poboados de piñeiro, castaño, sobreira ou carballo e salpicado por hórreos, muíños e cruceiros en cada recuncho.

As terras de Vila de Cruces son terras de antigo poboamento, como o testifica o conxunto megalitico de Oirós e os mosteiros románicos de San Salvador de Camanzo e San Lorenzo de Carboeiro.

A paisaxe, a orografía e a hidrografía que caracterizan Vila de Cruces converten o municipio nun lugar privilexiado para a práctica de actividades en contacto coa natureza. É posible gozar de paseos en cabalo, de excursións e de rutas de sendeirismo. No encoro de Portodemouros os deportes acuáticos encontran o seu lugar, chegando incluso a celebrarse aquí campionatos nacionais e internacionais de remo e piragüismo.Os ríos Arnego, Deza e Ulla colaboran coa oferta de lecer e deportiva do municipio, prestando a bravura das súas augas aos fanáticos dun deporte emerxente como é o ráfting, e ofrecendo a súa cara máis amable e mansa nas numerosas áreas recreativas que se encontran nas súas beiras.

Vila de Cruces conta cunha das festas máis coñecidas da comarca, a do Galo de Curral que celebra todos os anos dous festexos para promocionar este exquisito produto, unha en primavera coincidindo co último domingo de maio e outra en Nadal destinada á venda de gallo de cara ás ceas do nadal.

Ademais dos seus innegables atractivos naturais e patrimoniais, Vila de Cruces ofrece ao visitante outro elementos de interese para os ratos de lecer. Por unha parte, as antigas minas de wolframio, por outra, o Observatorio Astronómico de Zarragrande que pretende divulgar a astronomía, ofrecendo ademais, a posibilidade de gozar das vistas panorámicas. Outras visitas de interese: á Casa e Museo etnográfico da Fundación Neira Vilas en Gres, que alberga máis de 300 pezas separadas por temas: fogar, apicultura, viño, carpintaría, cultivos... ademais de funcionar como Casa de Cultura e Biblioteca e o Museo A Solaina de Piloño