gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CONCELLOS

Escudo concello de Silleda

Paxina web:
www.silleda.es

Teléfonos de Interese:

Concello: 986580000

Biblioteca: 986581028

Oficina xuventude:986581021

Centro social: 986592037

Centro de saúde: 986580230

Policía municipal: 986580002 660663129

Garda Civil: 986580071

Protección Civil: 986581081 986581021

Bombeiros: 986581400

CONCELLO DE SILLEDA

Cunha superficie de 169 km², o municipio de Silleda, antiga xurisdición de Trasdeza, ten unha poboación próxima aos 10.000 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e dous núcleos urbanos, a Bandeira e Silleda, que canalizan a actividade do comercio e servizos. A capital, en Silleda, é sede da lonxa Agropecuaria e da Feira Internacional de Galicia, que nun recinto feiral dos mellores de Europa (480.00 m²), organiza mostras expositivas como Turisport, Salón Mite e o Certame Semana Verde de Galicia, de recoñecida fama mundial.

Ao marxe da gran importancia do patrimonio castrexo, con exemplos notables nos Castros de Toiriz, O Castro, Cortegada e Oleiros e nos petroglifos da Pena das Cazolas (Laro), Peneda do Encanto (Siador) e Penalonga (Cortegada), a colección de xoias románicas corre paralela ao Camiño de Santiago (Vía da Prata) que en Silleda exerceu influxo. Entrando polo Este destacan os templos de Taboada, O Castro, Breixa, Ansemil, Abades, Dornelas, Fiestras e Escuadro. Remata este rosario significado de arquitectura relixiosa, o cenobio beneditino de Carboeiro que coa súa igrexa do século XII, representa o símbolo de mellor románico oxival de Galicia con sinatura do Mestre Mateo, autor do Pórtico da Gloria de la catedral compostelá.

Preto dela, cabe destacar a igrexa de Ansemil (s. XII), coa súa capela gótica anexa, relicario en pedra con panteón de cabaleiros do Deza.

En estilo barroco e neoclásico sobresae o Santuario de Abades coa torre máis alta da bisbarra, pero atopándose os seus mellores exemplares nas construcións pacegas, da Viña, Carricova, Cascaxide, Fares, Paizás, Sestelo, Transfontao, e as casas solaregas do Arco en Fiestras, Carballeda, Covas, Marza, Medelo, Os Chaos e Chapa, todas en perfecto estado de conservación e dignas de ser visitadas. Poñen un broche a esta relación, as torres de Cira e de Costela en Margaride.

A existencia de fermosos vales trazados polos ríos Ulla, Deza, Toxa e os seus afluentes, bordeados por cumios, redondeados da vella Galicia dispoñen de estratéxicas vistas na Ermida de San Sebastián (748 m.), San Bento no Candán (1.014 m.) e nos Montes de Cornoa e Chamor, e a outro nivel, nos miradoiros graduados da parroquia de Pazos, desde onde se pode e debe admirar a catarata máis alta de Galicia en caída libre, a Fervenza do río Toxa.

Silleda, por formar parte da Galicia interior e pola dedicación maioritaria á gandaría e agricultura, ofrece ao visitante unha variada restauración baseada en carnes de extraordinaria calidade, reflectida nas festas e romarías onde a gastronomía supón a nota dominante.

bb