gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CONCELLOS

Escudo concello de Rodeiro

Paxina web:
www.rodeiro.org

Teléfonos de Interese:

Ayuntamiento: 986790009 986790185

Cent. Cultural: 986790301

Centro salud: 986790342

Guardia Civil: 986790002

Protec. Civil: 986790000

CONCELLO DE RODEIRO

O municipio de Rodeiro localizase preto do cerne de Galicia, nas chamadas terras altas da dorsal galega. Conta cunha poboación de 3.143 habitantes (IGE 2009) distribuídos nos 154,9 km² de extensión e 20 parroquias Álceme, Arnego, Asperelo, Az, San Salvador de Camba, San Xoán de Camba, Santa Baia de Camba, Carboentes, Fafián, Guillar, Negrelos, Pedroso, Pescoso, A Portela, Río, Riobó, Rodeiro, O Salto, Senra e Vilela. A romanización deixou numerosos vestixios no municipio de Rodeiro como o depósito arqueolóxico coñecido como “Porta de Arcos” que foi escavado en 1972 polo Museo de Pontevedra, descubrindo restos dunha importante vila romana.

A maior parte los materiais atopados están depositados no Museo Provincial contando o Museo Municipal de Rodeiro “Manuel Lamazares ” cunha pequena mostra de cerámica e ferramentas.

A gran riqueza monumental de Rodeiro pódese descubrir principalmente a través de fortificacións como son entre outras, a Casa de Vales de Fornas , un notable exemplo de vivenda fidalga; a Casa de Vales de Faílde , etc. Unha das construcións máis representativas da historia solariega galega é o Pazo de Trasulfe, fundado no século XVI.

O visitante que chega a Rodeiro ten a posibilidade de percorrer as diferentes rutas de sendeirismo trazadas para tal fin. Entre elas destacar o ascenso ao monte do Faro, as que conducen aos conxuntos megalíticos de Áceme e de Pedroso , as parroquias de Asperedo , Carboentes e Pedroso . Xunto a elas, atopamos tamén importantes monumentos da arquitectura civil, como o Pazo de Trasulfe e o Pazo de Camba.

Destaca destas terras a Serra do Faro con altitudes que superan os 1000 metros e o curso alto do río Arnego e o Val de Camba . Nesta serra celébrase unha festa multitudinaria de orixe relixioso os días 8 e 9 de setembro na honra da Virxen do Faro .

Unha das mellores formas de coñecer un lugar é camiñando a través das súas terras. O Concello de Rodeiro ten varias rutas que permítennos gozar e familiarizarnos co arte e a paisaxe da zona. Entre elas a Ruta dos Pazos e a dos Muiños.