gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CONCELLOS

Escudo concello de Lalín

Paxina web:
www.lalin.org

Concello: 986787060

Centro Social: 986781179

Centro saúde: 986780085

Policía Municipal: 986784444

Taxi: 986780303 986780293 986784141

Est. autobuses: 986784080

Garda civil: 986787119

Expodeza: 986784059

Museo R.Mª Aller: 986784004

Museo marioneta: 986784694

Auditorio M.: 986783570

Oficina xuvenil: 986787052

Piscinas municipais: 986781702

Pavillón deportes: 986783426

CONCELLO DE LALÍN

O Concello de Lalín, cunha superficie de 326 quilómetros cadrados, e 21.254 habitantes (datos IGE 2009) distribuídos en 52 parroquias: Albarellos, Alemparte, Alperiz, Anseán, Anzo, Barcia, Bendoiro, Bermés, Botos, Busto, Cadrón, Camposancos, Cangas, Castro, Catasós, Cello, Cercio, Cristimil, Doade, Donramiro, Donsión, Erbo, Filgueira, Fontecabalos, Galegos, Goiás, Gresande, Lalín, Lalín de Arriba, Lebozán, Lodeiro, Losón, Maceira, Madriñán, Méixome, Moneixas, Muimenta, Noceda, Palio, Palmou, Parada, Prado, Rodís, Santiso, Sello, Soutolongo, Val do Carrio, Vilanova, Vilatuxe, Xaxán, Xesta e Zobra. É un dos municipios de maior extensión de toda Galicia e goza dunha situación privilexiada no corazón da Comarca de Deza.A demarcación regada polas correntes dos ríos Deza, Arnego e Asneiro, ten os seus puntos máis elevados na Serra do Candán e nos montes do Coco e do Testeiro.

Garda incomparables tesouros naturais, como as carballeiras da Crespa, do Rodo e de Barcia, sendo esta última a máis singular por contar con centos de carballos perfectamente aliñados en ringleiras. Tamén destaca pola súa beleza o Souto de Quiroga, en Catasós, que está formado por castiñeiros cunhas características especiais de crecemento que os converten nos exemplares co índice de medranza e o porte máis alto de Europa.

En tempos prehistóricos, xa estiveran poboadas estas terras. Así o testemuñan os castros de Donramiro e Goiás, a pouca distancia de Lalín, e mesmo o castro que algúns historiadores sitúan no lugar que hoxe ocupa o parque do Aviador Loriga, sobre o que na época sueva se construíu unha torre-fortaleza.

No apartado festivo, a Feira do Cocido, que se celebra cada ano no domingo anterior ó Entroido, é o máximo expoñente do Concello de Lalín e unha das festas máis importantes do calendario lúdico galego. Outra das feiras senlleiras é a do Cabalo, que se celebra na primeira semana do mes de abril e serve para que cabaleiros e gandeiros de toda Galicia acudan a participar nas diferentes actividades e competicións.

No capítulo festivo tamén destacan as celebracións de carácter relixioso, como as festas patronais na honra da Virxe das Dores, que se celebran o terceiro domingo de setembro, ou a romaría do Corpiño, que se celebra os días 23 e 24 de xuño na parroquia de Santa Baia de Losón. A esta romaría, unha das máis famosas de toda Galicia, acoden devotos de infinidade de lugares coa confianza de que a Virxe espantará dos seus corpos e mentes aqueles problemas e enfermidades que se lle escapan á medicina.

Este municipio conta cunha economía moi diversificada, posto que a tradicional actividade agrícola e gandeira, foi abrindo portas progresivamente nas últimas décadas a un sector industrial en expansión, principalmente puxante nas ramas do téxtil, do aluminio e da construcción.