gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CONCELLOS

Escudo concello de Dozón

Teléfonos de Interese:

Concello: 986780471

Centro saúde: 986781277

Taxi: 986780061

CONCELLO DE DOZÓN

Dozón é o municipio de menor extensión da comarca do Deza, cunha superficie próxima aos 75 km². Linda polo norte con Lalín e Rodeiro, e polo sur con terras ourensáns. Os 2.135 habitantes repártense en 8 parroquias: Bidueiros (Santa María), O Castro (San Salvador), Dozón (Santa María), As Maceiras (San Remixio), Saa (Santiago), Sanguiñedo (Santa María), O Sisto (San Xoán) e Vilarello (Santo André).
A paisaxe está dominada polo Monte Pena de Francia donde nace o Río Asneiro, e os montes da Rocha.

Dozón acolle un valioso patrimonio artístico. Destacar os castros de San Breixo, en Maceiras e o de Santa María na parroquia de Dozón, a igrexa románica de Vilanova, do século XII, e a de Santa María de Dozón pertencente ao Barroco, sen esquecer o Mosteiro de San Pedro de Vilanova , obra do mellor románico galego.

Dozón é un lugar ideal para a práctica de actividades en contacto ca natureza, os frondosos vales e montes, invitan ao paseo. O sendeirismo, cicloturismo o excursións a cabalo atopan aquí as mellores condicións para o seu disfrute.

Dende a Pena de Francia, a cota máis elevada do municipio, ofrécense unhas magníficas vistas da zona e donde escóndese unha preciosa ermida na que cada ano celébrase a multitudinaria romaría da Virxe da Pena de Francia, cita relixiosa e unha das máis populares da comarca.