gdr terras do deza

COORDENADAS OFICINA GDR TERRAS DO DEZA
Coordenadas Xeódesicas
X:569772.8351609055 - Y:4725294.7172582615
Coordenadas Xeográficas:
42°40'30.05" N - 8°08'59.43" O

Asoc. de Desenvolvemento Rural Terras do Deza
Rúa E, Pg.l.Lalín 2000
36500 Lalín - Pontevedra
Tel.-Fax +34 986 794 463 / 647 497 426
info@gdrterrasdodeza.com

CONCELLOS

Escudo concello de Agolada

Paxina web:
www.agolada.es

Teléfonos de Interese:

Concello: 986788062 986788063

Centro social: 986788353

Centro saúde: 986788027

Pol. municipal: 616954039

Taxi: 986788009

CONCELLO DE AGOLADA

O municipio de Agolada está situado no centro xeográfico de Galicia, no extremo nordeste da provincia de Pontevedra. A súa extensión é de 147.820 km2, e a súa poboación de 3572 habitantes repartidos nas 24 parroquias: Agra, Artoño, Baiña, Bais, Basadre, Berredo, Borraxeiros, Brantega , Brocos , Carmoega, Eidian, Esperante, Ferreiroa, Gurgueiro, Merlin, Orrea, Ramil, Santacomba, Sexto, Sexo , Trabancas, Val, Ventosa e Vilariño.

O nome da Vila de Agolada puidera provir do latín "aqua lata" (terra brafienta), ou tamén da súa situación xeográfica o estar comunicada coas zonas colindantes a través de moitas pontes que foron construídas na época romana.

Os campos de túmulos exténdense ao longo destas terras; todo esta sementado de mámoas nas que aparecen restos valiosos como o famoso "Tesouro de Agolada" atopado nunha mámoa do Campo do Xastre, na parroquia de Ferreiroa.

Destaca tamén, pola súa relevancia histórica, os moitos castros existentes neste municipio, dos que sinalaremos: o "Castro Marcelin",situado na parroquia de Merlin.

Ventosa forma con Orrea e Ferreiroa o trevo románico da bisbarra de Agolada, coas súas fermosas igrexas románicas.

No marco da arquitectura civil destacan Os Pazos de Borraxeiros e Eidian, este último típica casa solariega de finais do século XVI. As casas dos Outeiros en Ferreiroa, a Casa Grande de Cristin e Casa de Cabanesas en Borraxeiros, a Casa de Castro en Baiña, Casa de Ferraduras en Outeiro de Ramil, a Casa Reitoral de Borraxeiros, Casa reitoral de Trabancas, etc.
Agolada coñécese deste tempos inmemoriais pola feira do 12. Consérvase o antigo Recinto Feiral, Os Pendellos, declarados Conxunto histórico-artístico, e donde na actualidade acoden tódolos 12 de cada mes gandeiros de toda Galicia, estando considerada como unha das máis importantes de Galicia.
Neste mesmo recinto celébrase cada ano no mes de agosto a Mostra de Artesanía e a Romaría Medieval.

A rede fluvial organizase arredor de dous cursos principais: 0 Ulla, de gran caudal e rico en pesca que rega as terras e pradeiras das parroquias de Ramil, Basadre, Eidian, Berredo, Artoño, Baiña, Sexo, Agra e Brocos e o Arnego que rega as parroquias de Gurgueiro, Ferreiroa, Esperante, Vilariño , Carmoega, Brantega, Val, Sexto e Brocos.

O turismo rural tamén conta coa súa presenza nestas terras, A Casa do Xis é o Pazo de Eidian ofrecen unha diversidade de servizos que permiten realización de actividades, tanto culturais,formativas, recreativas e e deportivas cun entorno tranquilo e evocador.

O municipio conta coa Casa da Cultura que acolle a Biblioteca Publica,Salón de Actos e Aulas para- cursos de formación e actividades. Escola de Musica Municipal e local de ensaio da Banda de Musica Municipal de Agolada, e outras agrupacións musicais como o Crupo de Gaitas Bico da Balouta ou a Charanga Os Mozos do Farelo,Centro Social da Terceira Idade,Instalacións deportivas: Pavillón municipal de Deportes, Campo de Fútbol e Piscinas. Clube Fluvial de Agolada, no Encoro de Portodemouros, onde se practica o piragüismo e un auditorio en construción.

Agolada atópase nun entorno especial, o corazón da Galicia verde , as súas xentes, os seus lugares, a riqueza patrimonial, as festas populares ,fan de Agolada un lugar de obrigada visita en calquera época do ano.