Table of Contents Table of Contents
Previous Page  5 / 118 Next Page
Information
Show Menu
Previous Page 5 / 118 Next Page
Page Background

Presentación

Teño o pracer de presentarlles esta publicación na que se recollen todos os proxectos

que a Asociación de Desenvolvemento Rural Terras do Deza levou a cabo no marco

do programa LEADER de Galicia 2007-2013, e que tivemos a sorte de poder apoiar

co noso traballo.

Está dedicada a todos eses emprendedores que en estes anos difíciles tiveron a valentía

de iniciar novos proxectos con moita ilusión e moito esforzo e incluso, en ocasións,

con moitas dificultades que tiveron que superar.

A tipoloxía dos proxectos émoi variada, dende actividades de formación, sensibilización

e obradoiros promovidos polo propio grupo; proxectos de servizos á poboación;

outras iniciativas máis sociais dirixidas a colectivos desfavorecidos; e investimentos no

sector agrario e forestal ou de diversificación da economía rural, pero en definitiva

proxectos que melloraron a calidade de vida dos habitantes da Comarca do Deza, e

que axudaron a fixar a poboación.

Agradecer o esforzo dosmembros da xunta directiva que durante estes anos traballaron

arreo sen esperar nada a cambio, e en especial aos meus antecesores no cargo de

Presidente, o actual Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

Román Rodríguez González que puxo en marcha esta asociación alá polo ano 2008,

e o que me cedeu a testemuña, o incansable José Luís Factor Rodríguez.

Tampouco quero esquecerme do equipo humano desta asociación e da Axencia

Galega de Desenvolvemento Rural, encabezada polo Director Xeral Antonio

Crespo que, xunto co seu equipo lograron pechar este período de forma máis que

exitosa.